Nunha casiña de palla, situada no monte, vivía unha
familia de osiños que tiveron que emigrar. Esa casiña ocupouna un lobo, pero a
tormenta, a auga e o vento desfixéronlla e o lobo con moita mágoa abandonouna e
botouse a andar. Ía por un sendeiro que rodeaba a casa e continuaba entre uns
arbustos polo medio do monte. O lobo pasou a noite camiñando, cada vez estaba
máis canso. Pasado un tempo o lobo atopou unha casa moi grande e fermosa, petou
á porta e recibiuno unha rapaciña loura
e humilde que o acolleu con moito agarimo.
Unha mañá o lobo foi dar un paseo e encontrouse a tres
porquiños que choraban porque non tiñan onde vivir. O lobo levounos para a casa
e a rapaciña díxolles que podían quedarse.
A rapaciña, Cincenta, foi recoller froitos ó bosque e
preto dunha maceira atopou a unha xovenciña tirada no chan cunha mazá na man
esquerda. Cincenta tentou erguer a rapaza pero non tiña as forzas suficientes, foi
buscar axuda e encontrou a sete ananiños cun rabaño de sete cabritiños tallando
unha rocha para facer unha casa, xa que
non tiñan. Os ananiños dixéronlle o que
lles pasaba e Cincenta díxolles que se lle axudaban a erguer a unha rapaciña
que lles deixaba quedarse a vivir na súa
casa. Levaron á rapaciña para a casa e cando espertou díxolles que se chamaba
Brancaneves, pero que non tiña casa para
vivir.
Cincenta díxolle
que se quedara con eles.
Brancaneves, Cincenta, o ratiño Pérez(o ratiño de
Cincenta),os tres porquiños, os sete ananiños cos seus sete cabritiños, o lobo (chamado
Pedro) e os osiños (que regresaron despois de 6 meses) formaron unha gran
familia. Desa familia xurdiu a felicidade
porque xa ninguén contiña nin unha pinga de tristeza.
Lucía Fernández Cuíña. 1º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario