7 de maio de 2014

Carlos Negro, outra vez no Colmeiro

O alumnado de 3º e 4º da ESO sabe ben quen é Carlos Negro. O certo é que xa o coñecen en persoa pois estivo no noso centro o curso pasado para darlle norme a unha das nosas aulas.
Hoxe, 08/05/14, aproximadamente un ano despois, Carlos Negro volve a pisar o chan do Colmeiro para compartir co noso alumnado as impresións das lecturas de Makinaria e de Penúltimas tendencias. Se quixeras ter unha idea sobre estes dous libros recomendámosche as excelentes críticas que fixeron Mariña Castro [Penúltimas tendencias] e David Cabaleiro [Penúltimas tendencias, Makinaria]

Ningún comentario:

Publicar un comentario