2 de maio de 2014

Denise e Alba na Feira do Libro de Santiago


O pasado 29 de abril Denise Varela e Alba Moreira, acompañadas pola profesora Gracia Santórum, participaron na presentación da triloxía de Rosa Aneiros Ámote Leo A.
Manuel Bragado, o director da editorial Xerais, comentou o acto coas seguintes palabras, tiradas do seu blogue Brétemas:
na presentación da triloxía de Aneiros, onde Denise Varela e Alba Moreira, integrantes do Clube Lectura pola Igualdade do IES de Silleda, opinaron sobre os dous volumes publicados e conversaron coa autora con sinceridade e profundidade sobre o texto literario. Rosa Aneiros confesou ao remate dunha conversa engaiolante para os asistentes, que «nos clubes de lectura as autoras enfrontámonos directamente ás novas xeracións». O de onte foi un serán de festa para a lectura, a Xeración da Esperanza tamén está nas lectoras novas. Saímos felices da feira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario