Alberto Fariña, Isidro Gil e Román Estévez (1º Bach Ciencias) realizaron este vídeo para presentar no concurso explícoche matemáticas 2.0, organizado pola Facultade de Matemáticas da USC. Non foi posible que o escolleran entre os finalistas, pero seguro que vos interesará esta aplicación trigonométrica no entorno próximo.
Nesta peza audiovisual quixeron mostrar unha aplicación práctica das matemáticas que coñecen. A trigonometría permítenos aplicar o coñecemento dunhas matemáticas básicas ao noso entorno. Escollimos unha construcción moi visible desde a N-540 situada na estrada de Silleda a Lalín, no polígono industrial de Silleda. Trátase da torre de bombeiros da localidade. Aplicando a semellanza de triángulos e tendo en conta a propiedade que determina que o ángulo de incidencia coincide co de reflexión, bastábanos un espello e un observador . Marcamos sobre o espello o punto no que o observador vía o punto máis alto da torre. Medimos:
- A distancia dos ollos do observador ao chan.
- A distancia do observador o punto do espello
- A distancia da torre ao punto do espello
A partir disto para calcular a altura da torre é ben simple, basta con aplicar o concepto de semellanza de triángulos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario