Reproducimos o comunicado do xurado do 1º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Poesía, Relato curto e Microrrelato convocado polo ENDL do IES Aller Ulloa de Lalín. Como podedes comprobar, choveron os premios ao alumnado do Colmeiro: Mariña Castro Fontao, María Framiñán Davila, Helena Pereiras Villamayor e Marín Villar Gil.
Logo dunhas arduas e longas deliberacións e após dunha rigorosa análise dos textos participantes, por fin xa temos gañadores do 1º Concurso Mª Vitoria Taboada de Poesía, Relato curto e Microrrelato.Os xurados das tres modalidades a concurso emitiron os seguintes fallos:
POESÍA:
O xurado integrado por: Carlos Míguez Macho (Dep. de Lingua Castelá e Literatura), Mª Pilar Espiño Espantoso (Dep. de Lingua e Literatura Galega) e Ángeles García Otero (Dep. de Matemáticas) acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria Taboada de Poesía aos poemas de asinados co pseudónimo de "Moraima" que corresponde a Eva González Blanco: "Pola súa apaixonada descrición da dor pola perda amorosa a través dunha linguaxe contida e orixinal, representación en si mesma dos seus últimos versos: Só a poesía é verdadeira / se as palabras reflicten a complexidade / da alma humana”.
Así mesmo, o xurado acorda conceder un accésit aos poemas presentados baixo o lema "O coello de Alicia que me guía" da autoría de Mariña Castro Fontao: "Polo exquisito control do surrealismo a través dunha linguaxe precisa expresada en versos curtos e cortantes que simbolizan unha visión amarga e descarnada da existencia."RELATO CURTO:O xurado integrado por: Javier López Quintáns (Dep. de Lingua Castelá e Literatura), Mª Carme Vivero González (Dep. de Lingua e Literatura Galega) e Servando Lois Silva (Dep. de Grego) acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria Taboada de Relato Curto a Unha mente intranquila de María Framiñán Davila: por crear unha historia na que “destaca a súa brevidade e concisión, o manexo dos tempos e a súa forma epistolar”.
Así mesmo, o xurado acorda conceder dous accésit:
Un 1º accésit a Pero antes, de quen era? de Helena Pereiras Villamayor, por elaborar “unha historia ben construída, sinxela e emotiva, que mantén un ritmo axeitado”
E un 2º accésit a O padriño de Xosé de Martín Villar Gil, por construír “un relato ben resolto, cun elemento sorpresa que resulta congruente coa historia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario