Había unha vez
tres porquiños que decidiran independizarse e marcharon da casa. Cando ían polo
monte para buscar unha casa que estivera en aluger encontráronse con sete
ananos. Os porquiños comentáronlles o seu caso e os ananos dixéronlles que na
súa casa había camas de sobra e que podían ir vivir con eles e así axúdanballes
a pagar a comida e esas cousas.
Ao que chegaron a
casa non atoparon a Brancaneves. Entre os porquiños e os ananos empezaron a
buscala pero non a encontraron, o que si encontraron foi a cinta de pelo que
ela sempre levaba posta, e xunta a cinta de pelo atoparon unhas pegadas de
lobo.
Os porquiños xa
sabían de quen se trataba, era o lobo que andaba detrás deles, tiña un pé máis
grande có outro, por iso se percataron.
Todos seguiron as
pegadas e chegaron ata o castelo da madrasta de Cincenta, o lobo era a súa
mascota. Un dos ananos encontrou un buraco por onde se podían meter e así
entrar no castelo.
Foron dar a un
corredor e justamente atopáronse coa madrasta de Cincenta e dixéronlle que
viñan rescatar a Brancaneves. A
madrastra soltó unha argayada malvada e díxolles: “Iso non volo vou permitir,
neste reino non pode haber ningunha
rapaza máis fermosa ca min”.
Os ananos
comenzaron a pegarlle ata que a deixaron tirada no chan, todos comenzaron a
correr e foron por Brancaneves.
Atopárona nun
cuarto atada a unha cadeira, desataron e levárona para a súa casa. Aos poucos
días a madrasta de Cincenta volveu intentar secuestrar a Brancaneves pero entre
os porquiños e os ananos conseguiron que non volvera pola súa casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario