26 de mar. de 2014

Un poema Raúl Gómez Pato para o Día da Poesía


Noutras entradas xa informáramos da vistita do poeta Raúl Gómez Pato, acompañado do guitarrista Héctor Lorenzo, o pasado 21 de Marzo para celebrar o Día da Poesía.
Neste vídeo da AELG Raúl Gómez Pato conta as razóns polas que comenzou a escribir.
Moitas outras cousas nos contou e recitou o pasado venres. Temos un recordo moi especial das cancións de Héctor Lorenzo, quen a pesar de ter problemas coa gorxa, fixo o esforzo de cantarnos varias poesías. Así fomos quen de comprobar o ben que soa a poesía cando vai acompañada dunha guitarra.

Un dos poemas que nos recitou Raúl foi o seguinte, ambientado nun autobús, camiño dunha excursión dun insituto. Fíxonos lembrar o funesto decreto para o plurilingüismo e a divulgación do cosmopaletismo que a el vai asociado. Vai o poema.

-¿E que che dixo?
-Díxome que bailaba moi ben e adiós.

Castelao

Foi na excursión de terceiro
Por fin na que,
Estreando uns Lee
Mirou para ela
A través das cervexas
Que lle alumeaban nas pálpebras.
Despoxouse entón da chepa
Da pesada timidez,
E xusto cando o bus
Fumegaba para partir
Espetoulle nos beizos
Unha pregunta sen resposta
Nun inglés incomprensible
Que nin el mesmo entendía
Pero que quedaba que nin dios:
Do you think I’m sexy, baby?

Ningún comentario:

Publicar un comentario