25 de mar. de 2014

Brancaneves

Brancaneves estaba na súa xornada de traballo, como cada día, na casa dos ananiños. Era realmente agotador, porque tiña que facer un montón de cousas: limpar o po, facer as camas, facer a comida, ir darlle de comer ás galiñas… Para facer máis fáciles algunhas tarefas Brancaneves quería comprar algúns aparellos modernos, deses que din que fan a vida máis fácil, como lavadoras, aspiradores, microondas, un iPhone… Aínda que iso último era capricho de Brancaneves.
 A cuestión é que os ananiños non estaban dispostos a gastar o diñeiro que gañaban en algo, segundo eles innecesario. Pero Brancaneves xa sabía que os ananiños gastaban o diñeiro en borracheiras que pillaban cada fin de semana.
 Todos os días, Brancaneves intentaba convencelos, pero eles seguíanse negando. Pero un día a moza decidiu ameazalos dicíndolles que se non compraban algún electrodoméstico, ela marchaba. Entón, os ananiños reuníronse pola noite no salón mentres Brancaneves durmía. Falaron de que necesitaban a alguén que fixera as tarefas, polo que non podían perdela, pero por outra parte non querían comprar toda esa cacharrada moderna. Entón ocorréuselles un plan…
Polo mañá Brancaneves foi ao salón e alí atopou aos ananiños enfronte dun obxecto tapado cunha lona. Os ananiños dixéronlle que lle compraran algo, e Brancaneves, toda contenta destapou o obxecto. Desde aquel día, Brancaneves non volveu mencionar os electrodomésticos, e incluso se desfixo da pequena televisión.
Sabedes o que había detrás da lona?
Unha máquina para facer mazás caramelizadas
                                                                       Alba Lugo Rey   ( 1º ESO B)

Ningún comentario:

Publicar un comentario