Para comenzar a xornada un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato fixo unha representación teatral dunha das obras de Gómez Pato: A casa desehabitada da familia Pena
Desafortunadamente non temos fotos da representación, pero acompañamos unha na que algún dos actores aínda non se cambiara de roupa.
Ben curiosa é a presentación que se fai deste libro de poesía:
Particular VENDE CASA de pedra para RESTAURAR, soleada e cerquiña da praia. Seis habitacións, tres cuartos de baño, salón-comedor con lareira, cociña, faiado e soto. Amplo xardín con magnolio e horta de cenorias. Prezo interesante. Posibilidade de venta cos seus mobles antigos e documentos orixinais. Razón no bar Prata e Ouro, rúa da Pena, s/n.
Outra alumna de 1º de Bacharelato, Rocío Fernández Cuíña, fainos este comentario do libro:
Este libro de poesía de Raúl Gómez Pato por dicilo dalgunha maneira vai recompilando os distintos versos dos membros da familia Pena onde tratan distintos temas como son a marcha ó estranxeiro, que neste caso foi á Habana, cando moita xente se ve obrigada á emigración e a soidade que senten estando alí. Outros temas que tratan é as saudades que teñen deles os que aquí quedan, a morte e o suicidio.
Os que máis me gustaron quizais sexan o primeiro que se atopa no prólogo e os de Paula Quintana Boedo e Aquilina Piñeiro Riola. Este libro en especial non me gustou tanto pero si a forma na que se compoñen algúns dos versos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario