O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do instituto Pintor Colmeiro de Silleda, en colaboración cos departamentos de Matemáticas e Lingua Galega convoca o Concurso Esopías, no que poderán participar os alumnos do centro. Unha 'esopía' é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, no que cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número 'pi'.
Os mellores traballos competirán no Concurso de Esopías convocado pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) e EducaBarrié. As bases poden consultarse no blogue As Ferreiras, do instituto.
Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
12 de mar. de 2014
Concurso de esopías no Faro
Na edición local do Faro de Vigo informan sobre o noso concurso de Esopías:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario