Unha ráfaga de vento
frío fixo tremer a Xoán.
Este coa curiosdade
no corpo quixo averiguar de onde procedía, xa que se atopaba dentro do
instituto.
De pronto, escoitou
ao fondo do corredor unhas voces que dicían:
-
Acúdenos!
- Ti
eres o elexido!
-
Serás o seguinte!
O rapaz seguiu ás voces ata chegar a un soto
que era novo para el. As voces non cesaban e cada vez o son era máis forte.
Parouse bruscamente en fronte dunha porta, na que se apreciaban unhas letras
gravadas que poñían << Prohibido o paso>>. Pero Xoán tiña claro que
iso non se interpoñería na súa curiosidade e abriu lentamente a porta. Botou
unha ollada por riba á habitación. Só había unha mesa con documentos vellos.
Non lles deu interese e decepcionado polo que atopara marchou.
De volta á casa, asustouse ao escoitar as
mesmas voces; que no instituto pensara que só se trataban dunha broma pesada.
Pero neste caso non...
- Auxilio!!!- berraba Xoán mentres caía
por un sumidoiro. O golpe fixo que quedara inconsciente. Pero ao sentir unha
man preméndolle o brazo, o corazón latexáballe a mil por hora e aterrado abriu
os ollos... Non podía crer o que vía, unha morea de rapaces que ían aparecendo
a medida que a escuridade se ía esfumando polos condutos do sumidoiro.
Dirixíanse onda el e dicían:
- Son Xulián do 1914.
- Chámome Roxelia e son do 1895.
- O meu nome é Mateo do 1752...
E así sucesivamente
ata que Xoán logrou preguntar que era o que estaba pensando.
Parecía surrealista, era un pesadelo que non
tiña fin. Ó parecer todos ese nenos foron antigos estudantes do seu instituto e
que coma el, a curiosidade matábaos. Un deles contoulle a Xoán que todo isto
tiña que ver coa habitación prohibida.
Fai anos, unha familia vivía nun castelo no
que agora é o instituto. Unha noite a nai atopou morto ó seu fillo nese cuarto,
o home asasinárao. Esta volveuse louca e con toda a súa ira matou ao seu home
da forma máis brutal que existe, o máis estraño é que o fixo na mesma
habitación. Dende aquelas a nai desapareceu e o por qué non se sabe, pero
deixou unha maldición: persoa que teña valor a entrar neste cuarto de
sufrimento, pechada quedará no sumidoiro e inmortal se convertirá.
A Xoán, ó acabar de escoitar a historia,
caíanlle as bágoas pola súa pel chea de pecas.
Nisto preguntou se tiñan algo que ver os
documentos que había sobre a mesa. Polo visto, eran os expedientes dos rapaces
que entraran no cuarto e quedaran pechados no sumidoiro e parados no tempo.
Había centos, e Xoán sería un deles...
- Xoán esperta!- dixo súa nai.
Quedara durmido
facendo os deberes e ó parecer todo fora un mal soño.
Gala
Sánchez García, 2º A.
Ningún comentario:
Publicar un comentario