Díxenllo pero non me fixo caso. Era de noite e chovía, pero ela tivo que saír a rúa igual, non atendía a razóns. Sempre buscando a verdade e loitando por sobrevivir. Creo que iso foi indirectamente o que estaba acabando con ela.
Chegou a ter gran importancia, admirada por uns e envexada por outros, pero esa etapa non durou todo o que se esperaba. Aqueles que se consideraban cultos e de cidade comezaron a perseguila e repudiala. Durante anos intentouno, non pretendía tirar a toalla sen loitar primeiro, pero o paso do tempo e esa loita constante pasáronlle factura.
Aquela noite levou unha puñalada nas costas. O seu estado era crítico, ninguén contaba que sobrevivira. Estivo moito tempo agochada. Tódolos días uns amigos pasaban a visitala e xuntos relataban mil historias e poemas. Mostraban o seus sentimentos e desexos de que algún día puidese saír a rúa sen medo.
Ese día por fin chegou, e hoxe e libre.
Grazas a súa colaboración este relato é posible.
¡Viva a lingua galega!
Iván Montoto Trabazo – 4ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario