18 de xuño de 2013

Viaxe de ida e volta

Cando este curso sentamos a planificar, deseñar e cavilar novas –e vellas- actividades que fomenten o uso da nosa lingua, a consideración e a estima, démonos conta de que ata o momento tiñamos un oco, un baleiro que era necesario encher dalgún xeito: colaborarmos con outro centro máis ou menos próximo. Se Lalín –por afinidade- parecíanos pouco axeitado, diriximos a nosa mirada a Forcarei, un centro pequeno do rural que pode ter características máis ou menos semellantes a nós: un alumnado galego-falante na súa maioría que vai castelanizándose coas novas promocións. A este interese inicial sumouse a sempiterna preocupación polo fomento da lectura. Reunidos ambos equipos tivemos unha idea xenial: converter ao noso alumnado en amigo invisible virtual. E dunha idea xeral, global, fomos amañando e acoutando ata converter a inspiración en feitos: dez alumn@s de Forcarei recomendan libros a dez alumn@s de Silleda e viceversa. Xa vedes como as lecturas tamén viaxan en tren de ida e volta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario