25 de xuño de 2013

Visita de Carlos Vila Sexto

O xoves 6 de xuño visitou o noso centro este autor para falar co alumnado de 3º e de 4º de ESO dos seus libros Gárgola e As sete mortes. Disto e de moito máis, pois descubrimos con el un rapaz que amaba os videoxogos e os cómics, o cine e o xénero fantástico. E o que máis lle gustaba do mundo era xogar. Agora traballa na Televisión Española e é guionista de series tan famosas como “Los misterios de Laura”. Pero segue a escribir novelas! Agardamos lelo novamente, pois foi todo un éxito.

Máis nas estelas dos ronseis:  Terror e Misterio

Ningún comentario:

Publicar un comentario