15 de jun de 2013

Silleda explicada a Agustín Fernández Paz.2

Velaquí outra invitación que lle trasladamos a Agustín Fernández Paz sobre o concello de Silleda o día en que inauguramos a aula que leva o seu nome



Silleda é un concello situado en Pontevedra, na comarca do Deza, a 40 km de Santiago de Compostela. Dos seus múltiples lugares para visitar, no centro urbán están as Pedrosas, un bonito parque no cal se pode gozar paseando con tranquilidade, ou simplemente observar a natureza en todas as estacións do ano. Outro parque é o da Igrexa. Para alegría dos rapaces, ambos teñen divertidos tobogáns e barras. O parque da igrexa siempre está cheo de vida, con rapaces patinando ou señores parolando, pero sen resultar bulicioso. Un lugar de máis interese histórico serían os Castros de Toiriz, os impresionantes restos encóntranse nun terreo rebosante de verde natureza, e outra das súas vantaxes é que é de fácil aceso. O cansancio ocasionado polas diversas visitas pode remediarse hospedándose no mosteiro de Carboeiro, ao que tamén se lle podería agregar a etiqueta de lugar de interese. Un dos mellores meses par avisitar Silleda sería xuño, xa que unha das principais atraccións turísticas do pobo, a Semana Verde, pódese encontrar prácticamente de todo e é feamosa ata o punto internacional Ou ir ata o campo da Saleta, en siador, para a Romaría do Rapaz, con atraccións, talleres, desfiles e música, todo gratuito. Pero Silleda tamén ten tesouros naturais, nas súas parroquias pódense contabilidzar 18 saltos de auga. O máis famoso é a Fervenza do Toxa, en Pazos. Unha das cataratas mási famosas de Galicia con 30 m de caída e un entorno natural dun gran valor paisaxístico. Aínda que máis pequen, non podemos esquecernos da catarata de Grava, que en realidade son dúas: a de Santa Mariña de Arriba, creada de modo artificial para o seu aproveitamento na centralhidroeléctrica de Santa Mariña, unha das primeiras de Trasdeza coñecida polos vecinos como “a fábrica da luz”. E a de Santa Mariña de Abaixo, unha pequeña fervenza de varios saltos. E ao marchar non esqueza de levar uns melindres de Silleda!

por Mariña Castro, de 2ºA

Nenhum comentário:

Postar um comentário