14 de jun de 2013

Silleda explicada a Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Ademais o alumnado de 2º da ESO quixo explicarlle ao escirtor como é o noso concello. Velaquí unha das descricións:



Silleda é un pobo situado a 35 km de Santiago de Compostela aproximadamente. Se vostede visita Silleda non pode marchar sen botar un ollo ás diferentes riquezas que esta vila posúe. O máis importante destino turístico da zona é a Fervenza do Toxa, cualificada como a máis alta de Galicia, na que poderá pasear polas diferentes rutas ao lado do río, comer a carón da fervenza ou mesmo se é capaz, meter os pés na auga conxelada dorío Toxa. Cando se vai alí un séntese coma noutro mundo, unha sensación de ledicia, soidade e liberdade ao mesmo tempo apodérase do teu corpo. Outro lugar que non podes deixar sen visitar é o Mosteiro de Carboeiro, aínda que este non se fixo por sió, fixo falta a man do home. Está rodeado de extensas zonas verdes, montes e un río, e tamén consta dun pombal e dunha fermosa ponte románica. Pero isto non é o único que hai en silleda. A parte de dita fervenza hai moitas outras, como a de Férveda, e algún pozos máxicos, non tan coñecidos pero igual de sorprendentes. Xa meténdonos no casco urbano do pobo podemos disfrutar dos parques que este posúe, como o da Igrexa ou o das Pedrosas, e quedarse abraiado coas incribles vistas que se ven dende os Castros de Toiriz, outro lugar de interese. Silleda tamén está chea de festas, como a do Lacón ou a Romaría do Rapaz, que se enchen de xente todos os anos. Aínda que, sen dúbida, o acontecemento máis importante é a semana Verde, declarada como Feira Internacional de Galicia. A Feira tn toto o que nos poida itnersar: animais, productos agrícolas, alimento de todo tipo, etc. Isto é silleda, un pobo galego cheo de cultura.

por Juan Ares Pérez, 2ºA

Nenhum comentário:

Postar um comentário