17 de jun de 2013

Aula Agustín Fernández Paz


Agustín Fernández Paz esitvo connosco vía skype este pasado mércores 12/06/2013. E claro, inauguramos unha aula co seu nome. Nesta presentación explicamos como se desenvolveu a xornada.
O escritor agarimounos co seu saber, os seus libros, as súas películas e as súas vivencias. Para todos os que queirades ampliar a xornada vivida con el, podedes visitar o seu portal de internet, de certo que non vos arrepentiredes.
Esta será a última placa que colocaremos neste curso nomeando as aulas, e pensamos que cumprimos suficentemente coas expectativas previstas a principio de curso, cando se aventurou esta proposta do equipo de normalización.
Queremos agradecer a todos os escritores a súa presencia; estarán sempre connosco nos corredores do noso centro.

Nenhum comentário:

Postar um comentário