19 de xuño de 2013

Encontros coa poesía: Chus Pato



 Este é o primeiro que  traballo dunha serie realizada polo alumnado de 1º de bacharelato realizado sobre a poesía galega e os seus autores.
Ánxela e Paula entregan coa publicación deste vídeo despois de coñecer a Chus Pato, estar con ela en Lalín e ler algúns dos seus poemas de diferentes libros. Escolleron un seu poema e levárono ao outro lado do Océano. Isto é o que nos din:
 Despois desta entrevista a Chus o que máis claro nos quedou foi o que é realmente a poesía, da cal descoñeciamos por completo o seu significado. É habitual o erro de atribuír a palabra poesía a sentimento, como se fosen sinónimas ou dependesen unha da outra, pero non, a poesía non só é sentimento, a poesía é unha arte que moi poucos poden puír e moi poucos poden desenvolver: chamamos poesía á arte da palabra. Evidentemente, un poeta non sente máis ca ninguén nin dunha maneira distinta, só que para expresarse reflicte a súa arte nun papel, pero non sempre deriva dun sentimento. Aprendimos que, verdadeiramente, só un pequeno colectivo é quen de ler poesía e de entendela como a pode entender o seu autor, por que? Polo léxico, pola expresión, pola maxia de combinar as palabras dun xeito axeitado no momento adecuado. Isto non significa que calquera de nós non poida ler poesía, todo o contrario. De feito a autora cóntanos que está totalmente de acordo coa idea de que profesores, autores, etc animen a ler poesía, sobre todo nos colexios, onde é moito máis fácil manexar medios de lectura. Contounos que a súa mente sempre está creando, cousa que é moi interesante, di que precisa un clímax e non sempre é doado atopalo pero que unha vez que a tranquilidade e a inspiración se apodera do seu corpo e da súa mente todo ó seu redor vai dirixido á poesía. Unha creación pode levar dende uns minutiños ata períodos de longos anos, segundo nos dixo. O importante é ter a certeza de que todo pensamento que invade a súa mente e lle produce unha inquedanza poida ser sinónimo de creación, de poema, de poesía. Por moito tempo que leves traballando nisto, nunca vas saber o tempo que pode levar unha obra xa que todo depende da inspiración e de chegar a ter a confianza de que chegaches a relizar un bo traballo. Chus deixounos claro que antes de rematar algo realiza moitos cambios e voltas pero chega un punto no que o ves e pensas: isto é o que quería! Na súa opinión, deberiamos estar máis educados de cara á poesía, xa que por iso mesmo temos dificultades para entender moitos autores, porque temos carencias á hora de recoñecer esta arte. Confesounos que sempre está lendo poesía pero tamén lle gusta moito a filosofía e isto é o que le ultimamente. Na nosa opinión é unha muller ben interesante e con moito que aprenderlle aos demais. Estámoslle moi agradecidas por brindarnos unha tarde ao noso carón, falando dun tema tan enriquecedor como é a poes

Ningún comentario:

Publicar un comentario