4 de nov. de 2014

Quen foi Alan Turing?

Como a vídeoconferencia deste ano organizada pola CGENDL trata sobre a computación, unha alumna, Alba Moreira, fixo esta aportación para que coñecéramos mellor a figura do precursor da informática, Alan Turing:


Alan Mathison Turing, Londres, 1912 - 1954. Matemático, filósofo, lóxico, criptógrafo e cientifico da computación. Considerado  precursor da informática moderna. Proporcionou unha influinte formalización dos conceptos de algoritmo e computación.

A Universidade e os seus estudos de computibilidade
Turing tivo que ingresar nunha escola iniversitaria King´s Collegue, Universidade de Cambrige.
Reciviu as ensinanzas de Godfrey Harold Hardy, un respetado matemático. Posteriormente foi responsable dun centro de estudos e investigacións matemáticas. Turing foi nomeado profesor do King´s College

Solución ao problema da decisión
Se pensamos en programas informáticos simples podemos imaxinar un que nos sume dous números. Ese programa finalizará unha vez realizada a suma. Pero hai programas que nunca teñen final: aquel que nos escribe todos os números naturais, por exemplo: 1, 2, 3, 4, 5,....
O Entcheidungsproblem foi un reto consistente en atopar un algoritmo xeral (unha receta) que permitira decidir sobre calquera programa se ao final se pararía ou non.
Alonzo Church e Alan Turing demostraron que é imposible que tal algoritmo exista.

Teses Church-Turing
Esta tese formula hipoteticamente a equivalencia entre os conceptos da función computable e a máquina de Turing. "Todo tipo de algoritmo é equivalente a unha máquina de Turing".Isto significaría, por exemplo, que calquera computadora actual, ou futura,  que seguise unha serie de indicacións (programas) sería unha máquina de Turing.

A máquina de Turing
Turing reformulou os resultados obtidos por Kürt Gödel sobre os límites da demostrabilidade e a computación. Hoxe coñécese como a máquina de Turing a un apato que sería capaz de implementar calquera problema matemático que poidera representarse mediante un algoritmo. Chegou a probar que non había ningunha solución para o problema de decisión Entscheidungsproblem.
Tamén foi pioneiro co seu concepto de "Máquina Universal" coa tese de que dita máquina podería realizar as mesmas tarefas que calquera outro tipo de máquina. Esencialmente o prototipo teórico de "Máquina Universal" non é outra cousa que unha computadora.


Coa seguinte aplicación podemos xogar cunha máquina de Turing virtual

Rompendo o código de Enigma
Durante a segunda guerra mundial foi un dos principais artífices dos traballos do Bletchley Park para descifrar os códigos secretos nazis. Éstes empregaban unha máquina para codificar as mensaxes. Era a Enigma. Aquí podemos consultar o funcionamento nunha aplicación virtual desta máquina.
Para romper os códigos da máquina Enigma e permitir aos aliados anticipar os ataques e movementos militares nazis Turing deseñou a Bomba, unha máquina electromecánica que se utilizaba para eliminar unha gran cantidade de claves enigma candidatas. Era a ferramenta principal que usaban os criptógrafos aliados para ler as transmisións de Enigma.
Os seus estudios da máquina Enigma axudarían ao desenvolvemento posterior da primeira computadora programable electrónica dixital chamada Colossus.


Estudo sobre os primeiros computadores e o test de Turing
Turing traballou no NPL Laboratorio Nacional de Física no deseño do ACE presentou un estudo que se convertiría no primeiro deseño detallado dun computador automático.
Foi nomeado director delegado do laboratorio de computación da Universidade de Manchester e traballou no software de unha das primeiras computadoras reais, a Manchester Mark I.
Turing tratou tamén o problema da intelixencia artificial e propuxo un experimento que hoxe se coñece como o Test de Turing, que é unha proba que propuxo buscando unha maneira de demostrar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Alba Moreira Suárez (2º Bach)

Ningún comentario:

Publicar un comentario