5 de nov. de 2014

O escultor do matemático Rodríguez

O matemático Rodríguez
 en Bermés
Félix Gil Gil, nacido en Bermés na casa colindante da do matemático Rodríguez, é un meu tío canteiro. E así como é canteiro tamén é artista. Contabilízanse por ducias as esculturas espalladas tanto por Galicia como por fóra que son da súa autoría.
Entre os traballos que podemos achar polas proximidades, ademais da restauración de diversas figuras para xardíns e escudos heráldicos, atoparemos algunhas pezas do Pazo de Oca. Tamén colaborou na restauración do Coro Pétreo románico da Catedral de Santiago, que non é pouca cousa.
Por fóra Galicia, entre outros poderíamos destacar que pasaron polas súas mans uns escudos heraldicos para o Palacio de Pilatos de Sevilla.





A escultura do matemático Rodríguez.
Base da escultura do 
matemático Rodríguez
Esta escultura foi encargada pola propia familia do Matemático a Felix Gil Gil. Nela faise unha breve representación de ilustracións
Varela Buxán
 relacionadas coa sua vida.  Como o matemático de Bermés fixo estudos de xeoloxía engadíronselle unhas piquetas. Rodríguez completou os seus coñecementos en Mineraloxía e coñeceu ao abade René J. Haüy (1743-1822), o pai da Cristalografía moderna. A este científico uniuno unha forte amizade persoal e mostra disto é a colección de 1.024 modelos cristalográficos catalogados e ordenados coa que o científico francés agasallou ao matemático galego. Esta colección pódese ver agora no Museo de Historia Natural da USC. Como foi nomeado director do Observatorio Astronómico e profesor de Astronomía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, o escultor decidiu esculpir unha cúpula dun observatorio astronómico. O seu labor na físico e nas matemáticas está indicado con instrumentos de medida como o compás. 
Para o que vén sendo o busto do ilustre, inspirouse en fotos antigas del propiedade da familia.
Félix Gil fixo traballou tamén esculpindo figuras doutros personaxes ilustres entre os que podemos destacar o  de Varela Buxán (escritor e director teatral galego)  que se atopa no Colexio de Cercio. En   Prado atopamos outra que lle adicou a Joaquín Loriga (que foi un aviador e militar galego, nado en Prado, que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila da Escuadrilla Elcano.)

Isidro Gil Pallarés (2º Bach)

Ningún comentario:

Publicar un comentario