Un ano máis participaremos activamente na convocatoria do Día da Ciencia en Galego. A celebración destas xornadas son unha proposta xurdida do encontro para o profesorado celebrado o 18/06/2010 no Museo do Pobo Galego co fin de denunciar a exclusión do galego das aulas de ciencia e tecnoloxía.
Durante esta semana teremos realizaranse estas actividades:
- Exposición de carteis dos científicos homenaxeados nas xornadas da Ciencia en Galego nos últimos anos.
- Proxección do documental subitiulado en galego "Marabillas do mundo" ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
- Mércores 5, das 12:00 ás 13:00 o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á vídeoconferencia organizada pola CEGNDL titulada "A ciencia da programación de ordenadores". Será impartida polo doutor de Enxeñería da Telecomunicación da Universidade de Vigo, Manuel Caeiro. Está previsto que 100 centros de ensino de toda Galicia se apunten a esta actividade.
- Mércores 5, nos dous recreos, exposición de obradoiros científicos na entrada do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario