CARAPUCHIÑA AZUL
Carapuchiña Azul. Así lle chamaban a unha fermosa rapaza. Tan fermosa coma
perversa.
Tódolos días, atravesaba un piñeiral para ir onda súa avoa. Alí lle deixaba
a merenda, sen mostrar cariño ningún.
Polo camiño, sempre se atopaba con un can, un bonito San Bernardo moi bo e
alegre que se alimentaba coa comida que lle botaban os cazadores. Pero
Carapuchiña non deixaba ningún día de lanzarlle pedras ó pobre do animal, e, a
pesar de iso, o can se acercaba a ela tódolos días en busca dalgún cariño
daquela fermosa rapaza.
Un día xurdiu unha macabra idea na malvada mente da nena…
Ao día seguinte, cando cruzara o bosque para ir á casa da súa avoa,
colocaría unha trampa de ratos no medio do camiño, o can acercaríase a ela e…
¡ZAS! A trampa pillaríalle unha pata.
E así foi. O can, ao ver a Carapuchiña, acercouse a ela como todos os días,
movendo alegremente o rabo.
Carapuchiña ollaba cara a el, cun sorriso malvado nos beizos e, como estaba
previsto, o pobre do can pillou unha pata na trampa dos ratos.
O can laiou da dor que tiña un bo anaco, e a nena morría da risa que lle
provocaba a dor do can.
-
Qué
tonto es, can de palleiro! jajaja! Move o rabo agora se te atreves!- Berraba
Carapuchiña.
Pedro, un rapaz pastor de ovellas que andaba por alí, escoitou e viu todo e
correu cara ao lugar onde estaba o can.
-
Pero
ti estás tonta, ou qué? Mira o que lle fixeches a este pobre animaliño!
Pedro, que era moi mañoso, liberou ao can e marchou con el e díxolle a
Carapuchiña:
-
Debería
darche vergoña o que fixeches!
Carapuchiña, que esperaba sentirse moi feliz despois da súa falcatruada,
sentíase moi mal e moi avergoñada.
Pedro parecíalle moi guapo e as súas palabras case lle doeron máis que a
ferida ao San Bernardo.
Aquela noite, Carapuchiña non puido durmir. Chorou e chorou ata que esgotou
as bágoas.
Ao día seguinte, Carapuchiña saíu moi cedo da súa casa en busca de Pedro.
Atopouno cando estaba coas súas ovellas e desculpouse sinceramente.
Pedro perdoou a Carapuchiña e, cun asubío, chamou ao can que se acercou a
el coxeando. Pero cando viu á nena, meteu o rabo entre as pernas e quería fuxir
a fume de carozo. Pedro agarimouno e parecía tranquilizarse.
Estaba morto de medo. A Carapuchiña íalle custar moito conseguir o perdón
do animaliño que tanto mancara, pero, ao final, conseguiuno.
David Varela
Vázquez.
1ºC
A CIGARRA E A FORMIGA
A CIGARRA E A FORMIGA
A cigarra era moi afortunada, menudo verán se pegara! Pasaba todo o día
cantando e todos a escoitaban. Pero, a formiga, mentres a cigarra se divertía e
cantaba, traballaba sen descanso para que, no inverno, non lle faltase que
comer.
Pouco a
pouco foi chegando o frío do inverno e a cigarra viu que non reunira provisións.
Pensou que igual lle podía pedir algunhas á formiga, así que foi ó formigueiro
e tocou a porta:
-
Ola, señora Formiga, non teño
que comer; por favor, poderíasme dar un pouco das túas provisións? Senón, vou
morrer de fame!_ dixo a cigarra.
-
Se traballases máis agora non
me terías que vir pedindo provisións a min, a próxima vez traballa_ e a formiga pechoulle a porta na
cara, sen darlle nada.
A cigarra tiña moita fame, entón púxose a pedir na rúa e os demais bichos
non lle daban nada, só aplaudían. A formiga, mentres tanto, dende unha ventá
bastante alta do formigueiro, ríase dela e comía un anaco de pan para darlle
envexa. Entón, foi a cigarra, que era moi astuta, e díxolle:
-
Oíches, es unha formiga
preciosa; non existe outra máis fermosa ca ti!
A formiga sentiuse eloxiada.
-
Pero eu pregúntome, _
proseguiu a cigarra_ é tan fermoso a túa voz? Ou só es unha cara bonita?_
picouna a cigarra.
-
Claro que si que é fermosa!
Aínda máis que a túa!_ a formiga berrou tan alto que o anaco de pan que tiña na
boca caeu xusto onda a cigarra.
-
Mira quen se rí agora! Eu!_ a
cigarra colleu o anaco de pan e comeuno.
Pero non se deu conta de que
aínda quedaba moito inverno por diante e que non tiña nada que comer. Entón,
chegou a raíña das formigas e berroulle á Señora Formiga por non estar
traballando.
-
Perdoa se te molestou esta
formiga, está feita unha vaga! Para pedirche perdón vouche dar provisións,
chegaranche para todo o inverno e non pasarás fame_ dixo a raíña Formiga.
-
Moitas grazas, pero non o
merezo_ contestoulle a cigarra.
-
Claro que si, es ti a que me
divirtes no verán_ chiscoulle un ollo.
E así a cigarra non pasou fame en todo o inverno.
Eva Vázquez Montero 1ºC
OS TRES PORQUIÑOS E A CARAPUCHIÑA VERMELLA
Un día os tres porquiños estaban
facendo o xantar cando escoitaron un ruído. O porquiño máis pequeño estirouse,
mirou pola xanela e viu como os oito ananiños lle roubaban as leitugas da horta.
Os tres porquiños
saíron a fume de carozo a espantalos; e os ananiños marcharon correndo ata a
súa casa. Eles decidiron seguilos para recuperar parte da súa horta.
Cando xa levaban un
tempo andando encontraron a Carapuchiña Vermella, e contáronlle o sucedido.
Ela, como era moi amiga dos ananiños, foilles axudar.
Ao chegar
pedíronlle amablemente a Brancaneves e aos ananiños que lles devolveran as
leitugas; pero como se negaron, a Carapuchiña ocorréuselle un plan…
Ese plan
misterioso, que ninguén sabía, fixo que os tres porquiños recuperaran as súas
leitugas.
LARA SILVA MUIÑOS 1ºC
Ningún comentario:
Publicar un comentario