15 de maio de 2015

Ensalada de contos



 Ensalada de contos



Un día ía Caperuchiña Vermella por unha fragua e encóntrase cuns porquiños que estaban construíndo unha casa para refuxiarse dun lobo que os quería comer.

Alí había 12 ananiños que estaban axudándolles aos 3 porquiños a construir o seu refuxio. De súpeto apareceu un monstro e unha rapaza moi fermosa chamada Bela. Como o lobo apareceu antes de que acabaran de construír a casa, foron a un castelo no que a vaixela, os electrodomésticos, as lámpadas, e mesmo os candelabros falaban. Os 3 porquiños, Caperuchiña e os ananiños quedaron sen palabras. Un ananiño viu un zapato de cristal e preguntoulle a Bela se era seu, ela asombrada por aquel zapato tan brillante dixolle que non. O monstro que vira aquel zapato dixo que a lenda contaba que ese zapato pertencía a unha raíña moi fermosa. Todos empezaron a buscar á súa raíña, encontraron a unha rapaza moi fermosa chamada Cincenta. Cincenta quedara sen casa fai uns días e invitárona a vivir naquel máxico, fermoso e xigantesco Castelo.

Antón Fondevila. 1º ESO C 



Cando o príncipe azul da Bela Durminte ía ao castelo para bicar á princesa e espertala apareceu ante el o Mago Merlín e botoulle un feitizo que fixo que o príncipe se convertera nunha ra. O príncipe como coñecía ben a fada máxica de Cincenta foi onda ela para que lle desfixera o feitizo. Pero a fada non puido desfacer o feitizo, porque o Mago Merlín anulara o seu poder. Entón o príncipe marchou e foi camiñando polo bosque. De súpeto topou a Rapunzel, co seu longo pelo, e pediulle consello. Ela como estaba namorada del díxolle que o feitizo só se desfacía cun bico. O príncipe non moi convencido aceptou que ela lle dera un bico. O feitizo desapareceu e volveuse converter en humano. Rapunzel como estaba tan namorada do príncipe impedía que el se marchara pero foi en van porque el non a quería. Pronto chegou ao castelo e bicou a Bela Durminte e ela espertou.

Ainoa Villar Vahamonde 1ºC 








Fai moito tempo, Carapuchiña vermella ía cara a casa da súa avoiña, pero polo camiño entroulle a fame. Camiñou e camiñou ata que topou unha casiña. Sen pensalo dúas veces petou na porta e como ninguén contestou e a porta estaba medio aberta entrou.

Nada máis entrar, viu  unha mesa cuns tazóns que parecían ter sopa. Había tres: un grande, un mediano e un pequeno.

Probou a sopa do tazón pequeno, pero pareceulle que estaba demasiado fría. Logo probou a do tazón grande pero estáballe moi quente. Por último probou a sopa do tazón mediano e como estaba morna comeuna toda.

Despois de comer a sopa entroulle o sono e subiu as escaleiras para ver se topaba unha cama na que durmir.

Para a súa sorpresa topou a Brancaneves durmindo nunha das camas, pero como estaba durmida non a despertou e ela deitouse noutra.

Unhas horas máis tarde aparecen na casa sete ananiños e tres osos , donos da casa, estrañadosde atopar a porta aberta.

Carapuchiña e Brancaneves, ao escoitar ruídos espertan sobresaltadas, baixan correndo e atópanse cos ananiños e cos osos.

Carapuchiña como tiña que ir á casa da súa avoiña emprende o camiño de novo pedindo disculpas por comer a sopa dun dos osos e visitándoos sempre que pode ou vai a casa da súa avoa.

Respecto a Brancaneves non se sabe moito pero crese que está vivindo cos osos e os ananos.
       
                                                                             Iria Moreira Suárez 1º A



Un final moi curioso





Os tres porquiños xa foran avisados por Cincenta e Brancaneves de que ó lobo os quería comer. Eles, asustados, acudiron a unha persoa que lles podía servir de moita axuda, o famoso Robin Hood; desesperados foron a preguntarlle, pero a resposta de Robin Hood foi non, xa que el era un simpre bandido, non era un heroe, entón recomendoulles ó imcomparable Spiderman, un gran heroe. Os tres porquiños acudiron a el sen pensalo, Spiderman como gran heroe que era axudoulles a vencer ó lobo, a pesar de que non ía ser tarea facíl, unha vez que anoiteceu, os tres porquiños foron cada un para a súa casa a durmir, a pesar do medo, xa que aínda non pillaran ó lobo. Á mañá cedo apareceu ó lobo que soprou, soprou e soprou e a casa do porquiño máis novo tirou, pero non esperaba que dentro estivera Spiderman, que lle deu unha boa malleira.





Eloy Domínguez Troitiño. 1º C

Ningún comentario:

Publicar un comentario