21 de maio de 2015

En Silleda presumimos de galego

A Coordinadora Galega de ENDL propúxonos aos Equipos de Normalización que graváramos a fala dos mozos dos nosos centros para que puideran Presumir de de >GALEGO< . Por que? Pois porque existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30... ningún chegamos aos 18! Invitámosche a que entres na páxina da CGENDL e que busques os nosos podcasts:
 Gravacións> Provincia: Pontevedra> Concello: Silleda.
Tamén os podes escoitar aquí, nesta entrada. Son gravacións moi curtas de xente que coñeces. Eles poden presumir de galego, e ti? Seguro que tamén.


Conversa informal
Co obxectivo de escoitarmos a un grupo de rapaces de 13-14 anos coa fala das terras de Silleda, grabamos esta conversa informal nun grupo formado por tres deles : Carlos Taín, Laura Diéguez e Marcos Caetano


A lenda do Pelapatacas
Laura Diéguez Troitiño cóntanos a lenda do Pelapatacas




A pesca
Juan José fálanos da súa afición: a pesca. Cóntanos con quen a practica e as técnicas que usa


A lenda do San Xoán
David Mato fálanos dunha lenda da noite de San Xoán



A lenda do casamento
Carlos Taín Gil fálalos dunha lenda sobre o que debían facer os homes cando casaban


A lenda do Carro de Ouro
Lucía Dapena Carracedo,  cóntanos a lenda do Carro de Ouro



Os Xenerais da Ulla
O alto dos Xenerais editar audio A dos Xenerais da Ulla é celebración tradicional do antroido típica das terras da beira do río Ulla. Marcos Caetano Vázquez, infórmanos das súa orixes

Ningún comentario:

Publicar un comentario