A AELG convocara a centros de ensino e asociacións culturais a celebrar cun graffiti o 24 de febreiro, Día de Rosalía.
Xa adiantamos o propio día unha interpretación que desde a aula de plástica se fixo na entrada do IES do poema de Follas Novas.
Nós reinventamos a chamada da AELG e Bernardo e as súas mozas de plástica pasaron horas de frío tecendo este mural. A intervención foi realizada nun muro que nos ofreceu o Concello, no patio da Casa da Cultura de Silleda. Non deixedes de visitalo!
Soia
Eran craro-los días,
risoña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.
risoña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a orfandá.
Íñase á mañecida,
tornaba coa serán…;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.
tornaba coa serán…;
mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.
Tomóu un día leve
camiño do areal…
Como naide a esperaba,
ela non tornóu máis.
camiño do areal…
Como naide a esperaba,
ela non tornóu máis.
Ó cabo dos tres días,
botóuna fora o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.
botóuna fora o mar,
i alí onde o corvo pousa,
soia enterrada está.
Ningún comentario:
Publicar un comentario