18 de fev de 2014

As matemáticas do cotián

Un novo exemplo de que as matemáticas, e en xeral as ciencias, poden contribuir á normalización lingüística mediante a súa transmisión nesta lingua. Nesta ocasión ofrecemos algúns retallos da conferencia impartida pola profesora da Facultade de Matemáticas da USC María Victoria Otero Espinar sobre "A matemática do cotián" no IES Pintor Colmeiro dentro do programa "A Ponte entre o ensino medio e a USC" que ten como obxectivo fundamental orientar ao futuro estudante universitario para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.

Nenhum comentário:

Postar um comentário