5 de fev de 2014

Ilustrándonos con Xabier Docampo e Xosé Cobas





A Consellería de Cultura e Educación incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao.
Para que a celebración fose completa (pero moi completa) contamos coa visita de Xosé Cobas e Xabier Docampo, ilustrador e autor, respectivamente do libro do que nos viñeron falar: A illa de todas illas,  
Xosé Cobas agasallounos con dous cadros, un para o centro e outro que foi sorteado entre o alumnado.
Andrea foi a afortunada gañadora.

Cobas e Docampo puideron comprobar polos corredores do instituto que tanto o alumnado de 1º de ESO como o de 1º de Bacharelato traballaron sobre a ilustración deste artista. Basta con botarlle un ollo a esta outra entrada para repasar os seus debuxos.



Nenhum comentário:

Postar um comentário