Hoxe realizamos a nosa primeira actividade do Equipo de Normalización. Acudimos á presentación da exposición 'Querido Balbino' na Bandeira grazas á colaboración co Concello que aportou o transporte do alumnado ata a Casa da Cultura da Bandeira.
Esta exposición chega por fin onda nós, despois de que se inaugruara en abril do 2011, ano da conmemoración do 50 aniversario da edición de Memorias dun neno labrego.
Ao acto inaugural acudiron algúns dos nosos profesores, como podedes ver na foto. Acompañaron a X. Neira Vilas, o autor do libro, quen tivo, como sempre palabras interesantes para todos.
Polo momento podemos quedarnos con algunhas das impresións que este libro deixou nalgún dos máis importan
“Neste libro está o proceso, a fuxidía autenticidade de ser
alquitarada por unha alma que xa deixou atrás aquel eito do
proceso, mais leva del a imborrable impronta”.
Antón Alonso Ríos
“O ano 1961, en Buenos Aires, viu a luz un libro excepcional:
Memorias dun neno labrego
, de Xosé Neira Vilas. Trátase dunhas
narracións cargadas de vida, de realismo, escritas dun xeito
tremendamente nu e directo; unha clase de literatura fondamente
galega que era moi necesaria entre nós”.
Manuel María
“Igualmente, a literatura da segunda metade do século pasado
non sería a mesma sen a publicación dunha obra,
Memorias dun
neno labrego
(1961), que marca un antes e un despois no temario
narrativo galego e que axudou a
redimir
tanta opresión, tanto
esmagamento, tanto desprezo inflixido á aldea, aos desposuídos,
aos labregos sen terra de seu, aos galego-falantes, en definitiva”.
Pilar García Negro
“Grazas a Neira Vilas descubrín que tamén se podía escribir
do que nós faciamos; que a aldea era materia para escribir”.
Afonso Eiré
“
Memorias dun neno labrego
é un gran relato. Unha narración
auténtica. Comprendo moi ben o seu contido, pois de certa
maneira é tamén a miña historia, dado que nacín e crieime nun
ambiente compesiño. É unha narración moi valiosa para a nosa
literatura tan falla de testemuños”.
Celso Emilio Ferreiro
“Este libro atravesou diferentes fases de recepción: ao principio
liámolo cunha perspectiva social, a oposición de pobres contra
ricos, a defensa do mundo rural. Na miña última lectura descubrín
vetas novas, pois Balbino aprende que as palabras sirven para
nomear o mundo e contar a súa historia. Agora isto é para min
o fundamental.”
Agustín Fernández Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario