8 de out. de 2013

Cada vez hai mais asignaturas en Castelán

Cando comencei no instituto a maioría das asignaturas que había eran en galego, pero cada curso que pasaba poñían unha desas asignaturas escritas en galego, traducida ao castelán. Ata o dia de hoxe, que vou en 1º de Bacharelato, e a maioría das asignaturas que teño son en castelán.
Eu decidín falar sobre este tema porque é un tema que me incumbe xa que non é o mesmo estudar na túa lingua, a que falas día a día, coa que te relacionas cos teus compañeiros a estudar cunha lingua que apenas falas, que só falas en certas clase. Non resulta nada cómodo á hora de estudar nin á hora de plasmalo no exame,  por iso é inevitable que en certas ocasións na metade do exame te acabes pasando ao galego porque en certo modo ao ser a tua lingua falada, é na que mellor te expresas. Por iso creo que cada un debería facer os exames e contestalo na lingua que mais cómodo se sinta.Para estudar, falar e expresarnos en castelán xa temos a clase de Lingua Catelá. Deberían deixar de poñer os libros de texto de case todas as asignaturas en castelán, porque os que somos galegos non queremos que se perda a nosa lingua. Polo tanto cantas mais cousas vexamos en galego mellor para todos. 

Irene Míguez Caramés (1º Bach)

2 comentarios:

  1. Tes toda a razón Irene, non podería estar máis de acordo. A gran maioría prefirimos as asignaturas en galego e só Lingua Castelá en castelán.

    ResponderEliminar