18 de xuño de 2014

Sinais contra o orgullo galego

Pedro Segade Penela (1º bacharelato) achegounos estas fotos como mostra da sinaléctica que nos agrede nalgunhas rúas de Silleda. Xa llas enviamos ao Concello para que tiveran constancia do maltrato ao orgullo de sermos galegos e falarmos en galego. Comentáronos que tomaran nota, especialmente sobre as tres primeiras.
O primeiro sinal foi recollido na entrada á vila pola estrada que vén de Santiago. Neste caso trátase dun sinal que  non é responsabilidade do Concello pero si de institucións públicas ás que se lle supón un respecto especial pola nosa cultura, de aí que sintamos esta agresión como dobre. Afortunadamente alguén con máis sensibilidade fixo xa uso do spray.

O segundo está na rúa que sube a carón do edificio 'O Cruceiro', tamén na saída da vila cara Santiago.


A terceira foto foi recollida nas proximidades do centro médico:

As dúas últimas son de cerca do cemiterio, xunto ás Pedrosas. Destas comunicáronos desde o Concello que pouco poden facer pois lamentablemente é o nome rexistrado de entidades privadas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario