24 de jun de 2014

Entrevista a Arcolar en Radio Colmeiro nº9







P: O curso pasado o ENDL do Pintor Colmeiro fixo un estudo sobre a paisaxe lingüística de Silleda e obtivemos como resultado que no 70% da cartelería comercial o galego estaba excluído. A que pensa que é debido isto?
R. A que moita xente segue tendo como idioma propio o castelan non considera o galego como o seu idioma na súa fala normal

P:  Desde cando usa o galego no seu negocio?

R . Desde sempre, sempre se usou o galego aqui

P: O galego forma parte da identidade da empresa?
R.  Pois no que é as tarxetas que facemos nos os carteis e asi si, os que nos veñen de fabricas como non son fabricas de aqui non, no que nos facemos si que tratamos de usalo
P Por que tomaron esta decisión? Por que decidiron apostar pola nosa lingua ?
R:  Porque como sempre nos expresamos en galego e falamos xa en galego pois e o noso idioma o que consideramos o noso idioma

P:Chamou a atención entre a súa clientela este detalle? 
R:     Considerano normal non o ven raro

P: Tiveron algún tipo de contratempo por ter etiquetado [o produto] en galego?
R:  Non

P:Teñen as etiquetas de información [do produto ]en galego?
R: Non porque moitas veñen xa veñen feitas de fabricas e son fabricas que non son de aquí entonces non

P:Ten vantaxes a venda do produto en galego?
R. e que a maioria da xente de por aqui fala galego enton entendeste mellor e a sua lingua e ao falar nesa pois entendeste mellor, a xente das aldeas, a xente maior fala galego entonces xa

P:  Notou algún cambio, vantaxe ou inconveniente por vender o seu produto en galego?
R. non

P:  Pensa que foi unha decisión arriscada?
R:  Non. Eeu penso que e unha cousa normal vexoo como normal non vexo unha cousa distinta, vexo unha cousa normal.

P: Acolléronse algunha vez a algunha axuda para a normalización?
R. Non,  nunca.

P:  É o galego unha lingua apta para o mundo empresarial?
R:  Si e non. Si cando falas con xente de por aqui cando falas on fabricas de aqui falamos en galego, con proveedores de aqui e de Galicia falamos en galego. Cando son de fóra non,  pero si cando son de aqui falas en galego .

P:   Animaría a outros empresarios ao uso normalizado do galego?
R:  Eu si se e o idioma que falan e o que debe ser e o que teñen que usar

P: Bueno grazas pola entrevista

Nenhum comentário:

Postar um comentário