23 de jun de 2014

Crónica da visita a Campo Lameiro

A visita a Campo Lameiro foi moi interesante e divertida, aínda que choveu. Os petróglifos son preciosos e unha gran testemuña do pasado, que nos une a aquela xente.
Na primeira parte da excursión, dividímonos en dous grupos e fixemos unha intensiva visita aos petróglifos, descubrindo mediante imaxes os misterios ocultos dos nosos antepasados: cervos ou xinetes que representan rituais de caza, serpes, labirintos e figuras xeométricas de carácter máxico … A choiva que mollou as pedras fixo que puidéramos apreciar mellor os gravados. Tamén visitamos unha reconstrución dun poboado da idade do cobre, con casas circulares e tellados de palla, contáronos que as casas eran pequenas porque só as usaban para descansar e protexerse do mal tempo,xa que facían a maior parte da vida fóra, todos xuntos: cociñaba, comían, moían, tecían …
Despois visitamos a sala de exposicións, onde se explica o traballo dos arqueólogos e se gardan moitas cousas que atoparon e outras fabricadas, imitando as maneiras daquela época.
Tivemos que xantar na cafetería, porque seguía chovendo. E despois dun descanso alí, continuamos coa segunda parte da excursión: un obradoiro de cerámica, onde sacamos a nosa parte máis creativa para facer cada un de nós un recipiente, que trouxemos de volta a Silleda.
Pareceume unha excursión magnífica e os guías moi amables.


por Soraya Fraga Pampín (1ºA)

Nenhum comentário:

Postar um comentário