10 de abr de 2012

Petroglifos na Radio Galega

Para irmos preparando a visita aos Petroglifos de Campolameiro, recomendámosvos escoitar este programa da Radio Galega, emitido o pasado mes de febreiro. Trátase dunha emisión de Coñecer Galicia do 25/02/2012, adicado precisamente aos Petroglifos. Falan dos de Campolameiro, pero tamén O Outeiro dos Corvos, estudos sobre o tema,... Un programa moi completo.

Esperamos que vos guste a excursión. Unha das propostas que se apuntan é a visita nocturna, unha das mellores formas de ver con máis claridade os Petroglifos.



Vía A hora dos mouros

Um comentário:

  1. Moi interesante este programa sobre os petroglifos como herdanza do noso pasado.

    ResponderExcluir