20 de abr de 2012

Visita a Campo Lameiro

O mércores 18 de abril, contando coa colaboración do Departamento de CC.SS., un grupo de 31 alumnos e alumnas de 1º de ESO fixeron unha visita ao Xacemento de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alí visitaron os petróglifos e o museo e aula virtual da que dispón o centro. Posteriormente participaron nun obradorio de arte rupestre sobre cerámica. A actividade transcorreu en lingua galega, de tal xeito que os rapaces viron que esta lingua tamén resulta importante á hora de transmitir coñecementos tan técnicos coma os da arqueoloxía.

Um comentário:

  1. para min esa excursión foi moi divertida.quero volvela a repetir

    ResponderExcluir