24 de abr de 2012

Un río de palabras

O alumnado de primeiro ciclo e parte do segundo ciclo de ESO e ESA do IES Pintor Colmeiro participou nunha iniciativa proposta polas profesoras de Lingua Galega seguindo a lectura do conto de Agustín Fernández Paz "Un río de palabras". 
Os rapaces e rapazas escolleron fragmentos que consideraron atractivos de libros que lles gustaron e que nalgúns casos ilustraron, para convidar aos seus compañeiros á lectura a partir de textos-anuncio que as docentes espuxeron polo corredor.
            Como di a cita coa que Fernández Paz presenta o conto, "El que dá una palabra da un don" (José Ángel Valente, El inocente). Desta vez deixamos en mans do noso alumnado as propostas de lectura para os seus compañeiros e agardamos que a escolla das súas palabras fora exitosa.



Nenhum comentário:

Postar um comentário