29 de mar. de 2012

Obradoiro sobre a violencia de xénero


Durante este curso, desde o departamento de orientación desenvolvéronse diversas actividades en relación coa violencia de xénero. No mes de decembro estivo impartindo unha charla no centro a profesora Ofelia Lema, da USC.
O  traballo continuou cun obradoiro sobre a violencia de xénero foi impartido/dirixido polo policía Alejandro Gómez Aragón ao alumnado de 3º de PDC e 4º da ESO. 


INTRODUCIÓN
·         Implicación do alumnado (motivación).
·         Tema do obradoiro: Investigación sobre “Violencia de Xénero” como fenómeno social.
·         Aplicación do método científico: Que?, Como? Por que? Onde? Quen?

DESENVOLVEMENTO DO OBRADOIRO:
1.    QUE?
Definición (alumna): maltrato físico ou psicolóxico cara unha persoa de sexo oposto.
Definición (Policía): acto de coacción- violencia cara unha muller polo feito de ser muller, por parte da parella ou exparella (home).
Alumno- E se é unha parella homosexual?
Policía- Non sería violencia de xénero.
Alumno- E se unha muller agrede a un home?
Policía- Sería violencia doméstica.
Antecedentes:
·         No mundo é a primeira causa de norte en mulleres de 15/45 anos.
·         En España hai 2, 5 millóns de mulleres  que foron agredidas en algún momento da súa vida..
·         En España hai 800.000 menores que sofren as consecuencias da violencia de xénero.
1ª CONCLUSIÓN: A violencia de xénero afecta a unha parte importante da poboación española.
2.    COMO se exerce a violencia sobre a muller?
Segue un proceso:
·         Control- dominación (roles na parella): con quen sae, chamadas, illamento social …
·         Menosprezar, insultar, chantaxear, manifestacións violentas contra obxectos (fase de acumulación de tensión … (actos violentos pero non delictivos)
2ª CONCLUSIÓN: Non todo o que é violencia é delito
·         Exércese a violencia física.
·         Fase de arrepentimento ou trampa (lúa de mel).
·         Fase de negación (o agresor nega o ocorrido ou quítalle importancia).
·         REPETICIÓN DO CICLO ANTERIOR.
3ª CONCLUSIÓN: A violencia  de xénero  ten un proceso e vai a máis.
3.    POR QUE? Ideas que xorden no grupo:
a.    Por celos.
b.    Por ter un problema: coas drogas, alcohol …
c.    Polos roles sociais …
d.    Por exercer a  dominación
Reflexións : o alcohol e outras drogas poden intervir pero non son as causantes. A educación machista e os roles atribuídos a homes e mulleres na sociedade si están na raíz do problema.
4.    ONDE SE PRODUCEN  AS AGRESIÓNS?
No ámbito privado, onde non hai testigos.
5.    QUEN? Perfil do maltratador: Non depende da clase social nin da idade nin dos estudos que teña
4ª CONCLUSIÓN: calquera persoa pode ser agresor ou vítima.
PREGUNTAS QUE LLE FARÍAN AO AGRESOR:
v  Por que o fai?
v  Desde cando sabe que o ía facer?
v  Que lle fixo ela?
v  Que faría se el fora a vítima?
v  Se disfrutou facéndoo.
v  Por que non parou?
v  Se se arrepinte.
v  Por que a ela?
v  Se a quere.
v  Que conseguiu con esa actuación?
v  Se cre que vai  ser mellor a súa vida trala agresión.
PREGUNTAS PARA  A VÍTIMA:
v  Como empezou todo?
v  Se cría que podía cambialo?
v  Se cre que lle deu motivos para que a  agredira.
v  Por que deixou que se repetira?
v  Se o quere.
v  En que pensa cando ve á súa parella? Medo ou amor?
v  Se llo contou a alguén.
v  Por que non o denunciou?
v  Ser pensou que a podería matar.
v  Que motivacións cre que tiña el para facelo?
v  Se lle parecía ben que os seu fillos vivan nese ambiente.
v  Se cre que pode ser feliz con esa persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario