31 de mar. de 2014

A situación lingüística no mundo



Valeria Giovana (1º Bach H) , achegounos esta presentación sobre a situación lingüística no mundo, que utilizou para a exposición dun traballo na súa clase.

28 de mar. de 2014

Lexislación sobre o galego


Presentación realizada por Anastasiya Tovmach (1º bach. H) para unha exposición na aula dun traballo sobre a lexislación da lingua galega.

27 de mar. de 2014

OS OSOS E OS PORQUIÑOS



Un bo día tres porquiños saíron a pasear. Cando chegaron ao bosque viron unha casiña de madeira cun xardín moi ben coidado. Os tres porquiños chamaron á porta, pero ninguén lles abría, entón descubriron que a porta estaba pechada.
Eles abriron a porta e entraron na casiña, onde viron unha mesa con tres tazas de sopa, e os porquiños sentáronse e dispuxéronse a comer, unha das tazas de sopa estaba moi fría, entón comeron os tres da que estaba morna.
Viron unhas escaleiras e subiron a ver que había no piso de arriba. Só había un cuarto, con tres camas, e eles deitáronse cada un nunha cama, pero resulta que unha das camas era moi dura e a outra moi branda e pequena, entón todos durmiron na cama do medio.

Chegaron os osiños, espertáronos e pedíronlles explicacións de porqué estaban alí, os porquiños mentíanlles, e cada vez que lles mentían, medráballes o fociño. Os osos descubriron que lles mentían, entón intentaron atacalos pero os porquiños lograron escapar. E os porquiños marcharon felices.

NATALIA MATO FERRADÁS - 1º ESO A 

O medo é libre



Carlos e mais eu levabamos unha semana preparando esa saída. Sempre nos chamara a atención aquel pazo, o que sempre estaba só, o apartado, o corroído polo tempo e cheo de contos de vellas do tempo dos mouros. Cerca del só pasaban os coches que ían pola estrada que está ó seu carón.
Eran as seis ou as sete da tarde cando partimos cara a alí. Como era verán pensamos que, antes de que anoitecera, xa estariamos fóra.
   Había unha ventá aberta e decidimos entrar por ela .Todo estaba cheo de po, de hedras, de herbas e algunha que outra ortiga. Pero iso non foi un obstáculo.
   Spopóbich viña con nós, era o meu can.
   Pouco despois chegamos á sala principal. Tiña o chan de cores e unha cristaleira adornada con figuras que se parecían ás estrelas e á lúa .
   Subimos as escaleiras e entramos en todos os cuartos. De vez en cando escoitabamos algún que outro berro de corvo. Empezaba a escurecer.
   Nunha desas quedamos en que Carlos iría ao alto da torre e eu agardaría abaixo, no comedor, mirando por alí. Eu esperaba por el, Spopóbich xa se cansara e deitárase, non chegaba. Empeceime a impacientar, berraba pero só se escoitaba o eco da miña voz. Decidín ir alí. Cada chanzo que pisaba o meu corazón latexaba máis. Cando cheguei enriba el non estaba e comecei a pórme nerviosa. Os chanzos renxían máis ca antes, e estaba máis escuro. Na miña cabeza empecei a cismar. Lembreime do conto que dicía que, o fillo da criada, tras ver como maltrataban a súa nai xurou vingarse dos que estaban no pazo. Todo me cadraba. Comecei a acorarme, o meu corazón non daba máis. Despois diso acabei desmaiándome.
  Non sei canto tempo estiven tirada no chan, eu só sei que me espertou Carlos. Xa era de día. Spopóbich tamén estaba, lambíame a cara. Carlos parecía arrepoñerse do susto de verme alí. Démonos unha aperta. Cando me puxen en pé marchamos, pareceunos o mellor que podiamos facer.

   Días despois, Carlos contoume o que pasara. Resulta que cando ía subir cara a torre pareceulle escoitar unhas voces que viñan do soto e fora mirar. Voces que ao principio lle parecían miñas, mais ao final eran os asubíos do vento a través dos ocos entre as pedras. Por iso non o atopara no alto da torre.

Victoria Requeijo Castro   2º ESO B

PESADELO


Unha ráfaga de vento frío fixo tremer a Xoán.
Este coa curiosdade no corpo quixo averiguar de onde procedía, xa que se atopaba dentro do instituto.
De pronto, escoitou ao fondo do corredor unhas voces que dicían:
          - Acúdenos!
          - Ti eres o elexido!
          - Serás o seguinte!
  O rapaz seguiu ás voces ata chegar a un soto que era novo para el. As voces non cesaban e cada vez o son era máis forte. Parouse bruscamente en fronte dunha porta, na que se apreciaban unhas letras gravadas que poñían << Prohibido o paso>>. Pero Xoán tiña claro que iso non se interpoñería na súa curiosidade e abriu lentamente a porta. Botou unha ollada por riba á habitación. Só había unha mesa con documentos vellos. Non lles deu interese e decepcionado polo que atopara marchou.
  De volta á casa, asustouse ao escoitar as mesmas voces; que no instituto pensara que só se trataban dunha broma pesada. Pero neste caso non...
        - Auxilio!!!- berraba Xoán mentres caía por un sumidoiro. O golpe fixo que quedara inconsciente. Pero ao sentir unha man preméndolle o brazo, o corazón latexáballe a mil por hora e aterrado abriu os ollos... Non podía crer o que vía, unha morea de rapaces que ían aparecendo a medida que a escuridade se ía esfumando polos condutos do sumidoiro. Dirixíanse onda el e dicían:
           - Son Xulián do 1914.
           - Chámome Roxelia e son do 1895.
           - O meu nome é Mateo do 1752...
E así sucesivamente ata que Xoán logrou preguntar que era o que estaba pensando.
  Parecía surrealista, era un pesadelo que non tiña fin. Ó parecer todos ese nenos foron antigos estudantes do seu instituto e que coma el, a curiosidade matábaos. Un deles contoulle a Xoán que todo isto tiña que ver coa habitación prohibida.
  Fai anos, unha familia vivía nun castelo no que agora é o instituto. Unha noite a nai atopou morto ó seu fillo nese cuarto, o home asasinárao. Esta volveuse louca e con toda a súa ira matou ao seu home da forma máis brutal que existe, o máis estraño é que o fixo na mesma habitación. Dende aquelas a nai desapareceu e o por qué non se sabe, pero deixou unha maldición: persoa que teña valor a entrar neste cuarto de sufrimento, pechada quedará no sumidoiro e inmortal se convertirá.
 A Xoán, ó acabar de escoitar a historia, caíanlle as bágoas pola súa pel chea de pecas.
  Nisto preguntou se tiñan algo que ver os documentos que había sobre a mesa. Polo visto, eran os expedientes dos rapaces que entraran no cuarto e quedaran pechados no sumidoiro e parados no tempo.
  Había centos, e Xoán sería un deles...
              - Xoán esperta!- dixo súa nai.

Quedara durmido facendo os deberes e ó parecer todo fora un mal soño.

Gala Sánchez García, 2º A.

XEPETO



Un día un carpinteiro chamado Pinocho, un velliño italiano moi habilidoso, estaba retocando un boneco de madeira. Púxolle de nome Xepeto e encantaríalle que fora o seu fillo de carne e óso. Nada máis acabar, foise a durmir. A media noite apareceu a fada Púrpura e fixo que Xepeto cobrara vida. Entón, Pinocho alegrouse un montón.

 Como calquera neno tivo que ir ao colexio. Polo camiño, cruzouse cunha nena fermosa , Carapuchiña Azul e axudoulle a abrir a porta da casa da súa avoa, ela de agasallo deulle  un bico xigantesco e Xepeto quedou paralizado. De repente, pufff!!! Converteuse nun neno real e seguiu o camiño da escola.
Un pouco máis adiante encontrou a un gatiño subido nunha árbore e axudouno a baixar. Pouco a pouco adentrouse máis no bosque e escoitou un  leve ruído e parou de contado, a poucos centímetros do seu zapato estaba Polgarciño, cansado de andar para levarlle a comida a seu pai. Meteuno no peto da súa camisa e levouno onda o seu pai.

Camiñando, atopouse, de súpeto, cun anaco de vestido e o tacón dun zapato, era de Brancaneves, entón gardouno na mochila e seguiu o rastro ata a casa dos tres porquiños que penduraban do teito e, Brancaneves estaba nunha cadeira atada, de mans e de pés. Entrou pola porta de atrás , quitou aos porquiños do teito e desatou a Brancaneves. Coa súa axuda, meteron ao lobo de carne para a apócema.


Cando rematou marchou en dirección ao colexio pero mentres ía camiñando adentrábase máis no bosque e perdeuse. Nese momento toda a xente á que axudara guiárono ata o colexio xusto a tempo para empezar a clase.


SORAYA FRAGA PAMPÍN 1º ESO A

OS TRES PORQUIÑOS



Estaban os tres porquiños en cadansúa casa, aterrorizados polo lobo, cando apareceu o avó de Heidi.
Este intentou evitar que derrubaran as casas dos tres porquiños, loitando co lobo. O lobo deu ao avó un golpe fortísimo e mandouno uns metros máis alá. O avó tirado no chan viu como o lobo collía aire para soprar e destruír as casas.
O avó pensou como evitalo e ocorréuselle unha idea, saíu correndo buscar unha corda e cando o lobo colleu aire o avó atou o fociño do lobo e este como non podía soltar o aire asfixiouse.

Os tres porquiños, xa a salvo, déronlle as grazas ao avó e un dos porquiños invitou aos seus irmáns e ao avó a comer.

                            Miguel García Morcuende    (1º ESO B)