5 de nov. de 2014

O escultor do matemático Rodríguez

O matemático Rodríguez
 en Bermés
Félix Gil Gil, nacido en Bermés na casa colindante da do matemático Rodríguez, é un meu tío canteiro. E así como é canteiro tamén é artista. Contabilízanse por ducias as esculturas espalladas tanto por Galicia como por fóra que son da súa autoría.
Entre os traballos que podemos achar polas proximidades, ademais da restauración de diversas figuras para xardíns e escudos heráldicos, atoparemos algunhas pezas do Pazo de Oca. Tamén colaborou na restauración do Coro Pétreo románico da Catedral de Santiago, que non é pouca cousa.
Por fóra Galicia, entre outros poderíamos destacar que pasaron polas súas mans uns escudos heraldicos para o Palacio de Pilatos de Sevilla.





A escultura do matemático Rodríguez.
Base da escultura do 
matemático Rodríguez
Esta escultura foi encargada pola propia familia do Matemático a Felix Gil Gil. Nela faise unha breve representación de ilustracións
Varela Buxán
 relacionadas coa sua vida.  Como o matemático de Bermés fixo estudos de xeoloxía engadíronselle unhas piquetas. Rodríguez completou os seus coñecementos en Mineraloxía e coñeceu ao abade René J. Haüy (1743-1822), o pai da Cristalografía moderna. A este científico uniuno unha forte amizade persoal e mostra disto é a colección de 1.024 modelos cristalográficos catalogados e ordenados coa que o científico francés agasallou ao matemático galego. Esta colección pódese ver agora no Museo de Historia Natural da USC. Como foi nomeado director do Observatorio Astronómico e profesor de Astronomía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, o escultor decidiu esculpir unha cúpula dun observatorio astronómico. O seu labor na físico e nas matemáticas está indicado con instrumentos de medida como o compás. 
Para o que vén sendo o busto do ilustre, inspirouse en fotos antigas del propiedade da familia.
Félix Gil fixo traballou tamén esculpindo figuras doutros personaxes ilustres entre os que podemos destacar o  de Varela Buxán (escritor e director teatral galego)  que se atopa no Colexio de Cercio. En   Prado atopamos outra que lle adicou a Joaquín Loriga (que foi un aviador e militar galego, nado en Prado, que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila da Escuadrilla Elcano.)

Isidro Gil Pallarés (2º Bach)

4 de nov. de 2014

Quen foi Alan Turing?

Como a vídeoconferencia deste ano organizada pola CGENDL trata sobre a computación, unha alumna, Alba Moreira, fixo esta aportación para que coñecéramos mellor a figura do precursor da informática, Alan Turing:


Alan Mathison Turing, Londres, 1912 - 1954. Matemático, filósofo, lóxico, criptógrafo e cientifico da computación. Considerado  precursor da informática moderna. Proporcionou unha influinte formalización dos conceptos de algoritmo e computación.

A Universidade e os seus estudos de computibilidade
Turing tivo que ingresar nunha escola iniversitaria King´s Collegue, Universidade de Cambrige.
Reciviu as ensinanzas de Godfrey Harold Hardy, un respetado matemático. Posteriormente foi responsable dun centro de estudos e investigacións matemáticas. Turing foi nomeado profesor do King´s College

Solución ao problema da decisión
Se pensamos en programas informáticos simples podemos imaxinar un que nos sume dous números. Ese programa finalizará unha vez realizada a suma. Pero hai programas que nunca teñen final: aquel que nos escribe todos os números naturais, por exemplo: 1, 2, 3, 4, 5,....
O Entcheidungsproblem foi un reto consistente en atopar un algoritmo xeral (unha receta) que permitira decidir sobre calquera programa se ao final se pararía ou non.
Alonzo Church e Alan Turing demostraron que é imposible que tal algoritmo exista.

Teses Church-Turing
Esta tese formula hipoteticamente a equivalencia entre os conceptos da función computable e a máquina de Turing. "Todo tipo de algoritmo é equivalente a unha máquina de Turing".Isto significaría, por exemplo, que calquera computadora actual, ou futura,  que seguise unha serie de indicacións (programas) sería unha máquina de Turing.

A máquina de Turing
Turing reformulou os resultados obtidos por Kürt Gödel sobre os límites da demostrabilidade e a computación. Hoxe coñécese como a máquina de Turing a un apato que sería capaz de implementar calquera problema matemático que poidera representarse mediante un algoritmo. Chegou a probar que non había ningunha solución para o problema de decisión Entscheidungsproblem.
Tamén foi pioneiro co seu concepto de "Máquina Universal" coa tese de que dita máquina podería realizar as mesmas tarefas que calquera outro tipo de máquina. Esencialmente o prototipo teórico de "Máquina Universal" non é outra cousa que unha computadora.


Coa seguinte aplicación podemos xogar cunha máquina de Turing virtual

Rompendo o código de Enigma
Durante a segunda guerra mundial foi un dos principais artífices dos traballos do Bletchley Park para descifrar os códigos secretos nazis. Éstes empregaban unha máquina para codificar as mensaxes. Era a Enigma. Aquí podemos consultar o funcionamento nunha aplicación virtual desta máquina.
Para romper os códigos da máquina Enigma e permitir aos aliados anticipar os ataques e movementos militares nazis Turing deseñou a Bomba, unha máquina electromecánica que se utilizaba para eliminar unha gran cantidade de claves enigma candidatas. Era a ferramenta principal que usaban os criptógrafos aliados para ler as transmisións de Enigma.
Os seus estudios da máquina Enigma axudarían ao desenvolvemento posterior da primeira computadora programable electrónica dixital chamada Colossus.


Estudo sobre os primeiros computadores e o test de Turing
Turing traballou no NPL Laboratorio Nacional de Física no deseño do ACE presentou un estudo que se convertiría no primeiro deseño detallado dun computador automático.
Foi nomeado director delegado do laboratorio de computación da Universidade de Manchester e traballou no software de unha das primeiras computadoras reais, a Manchester Mark I.
Turing tratou tamén o problema da intelixencia artificial e propuxo un experimento que hoxe se coñece como o Test de Turing, que é unha proba que propuxo buscando unha maneira de demostrar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Alba Moreira Suárez (2º Bach)

Cartel de Xosé Rodríguez González. Día da Ciencia 2014


Para reivindicar o dereito a aprender en galego todos os anos desde os ENDLs do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e do IES Chano Piñeiro (Forcarei) elaboramos carteis para divulgar a biografía de grandes científicos tanto a nivel mundial como galego.
Neste caso destacamos a figura de Xosé Rodríguez González (1770-1824), ao que Ramón Mª Aller lle dou o título de matemático de Bermés, a parroquia de Lalín da que era orixinario

Cartel elaborado en colaboración co ENDL do IES Chano Piñeiro (Forcarei)

Cartel de Isaac Newton. Día da ciencia en galego 2014

Para reivindicar o dereito a aprender en galego todos os anos desde os ENDLs do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e do IES Chano Piñeiro (Forcarei) elaboramos carteis para divulgar a biografía de grandes científicos tanto a nivel mundial como galego. Neste caso destacamos a Isaac Newton (1642-1727), una figura que non necesita máis presentación

2 de nov. de 2014

Actividades nas Xornadas da Ciencia en Galego

 
Un ano máis participaremos activamente na convocatoria do Día da Ciencia en Galego. A celebración destas xornadas son unha proposta xurdida do encontro para o profesorado celebrado o 18/06/2010 no Museo do Pobo Galego co fin de denunciar a exclusión do galego das aulas de ciencia e tecnoloxía.
Durante esta semana teremos realizaranse estas actividades:
  • Exposición de carteis dos científicos homenaxeados nas xornadas da Ciencia en Galego nos últimos anos.
  • Proxección do documental subitiulado en galego "Marabillas do mundo" ao alumnado de 1º e 2º da ESO.
  • Mércores 5, das 12:00 ás 13:00 o alumnado de 1º de bacharelato asistirá á vídeoconferencia organizada pola CEGNDL titulada "A ciencia da programación de ordenadores". Será impartida polo doutor de Enxeñería da Telecomunicación da Universidade de Vigo, Manuel Caeiro. Está previsto que 100 centros de ensino de toda Galicia se apunten a esta actividade.
  • Mércores 5, nos dous recreos, exposición de obradoiros científicos na entrada do centro.

1 de nov. de 2014

Receitas de outono

Velaquí unha recompilación das receitas de cociña deste tempo que polo que parece non tardará en ser de outono. Castañas, cabazos, coello, noces, ...