Así é como se presenta o artigo:
Non semella doado conseguir a participación activa de todo o alumnado e profesorado nunha iniciativa especial que se pretende desenvolver nun centro educativo. As dificultades acrecéntanse cando procuramos a sinjgularidade desde a íntima colaboración das diferentes disciplinas ou a distinción desde o convencemento da necesaria integración de quen acaba de chegar ao centro e aínda non deixou de ser un estraño descoñecido. Mesmo así, o pólo de atracción rosaliano axúdanos no noso proxecto e o centro todo acaba por sentir, ler, cantar e visibilizar á escritora.No artigo faise referencia ás actividades que realizamos para celebrar o Día de Rosalía no noso centro e inclúense ligazóns ao noso blogue:
Quíxente tanto meniña,
Día de Rosalía: decorando o centro
Día de rosalía 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario