O blog "Friol:Algo máis que pan e queixo" recupera esta reportaxe emitida pola TVE nun programa chamado "Vivir cada día" no ano 1979. Neste documental podemos ver como era a vida dunha escolar no Friol de fins dos setenta.
Trátase de que o vexades cos vosos pais e que comentedes o que se ve no documental. Recordan os vosos pais esta etapa tal e como se describe no vídeo? Que comentarios podedes facer sobre o uso da lingua por parte dos distintos protagonistas desta historia?
Ningún comentario:
Publicar un comentario