1. Toma nota dos dos principais prexuízos lingüísticos que se identifican nesta presentación:
Os PrexuíZos LingüíSticos from ecursocig
2. Mira o vídeo e identifica os prexuízos que a concursante expresa nesta gravación:
2. Mira o vídeo e identifica os prexuízos que a concursante expresa nesta gravación:
3. Contesta a estas cuestións:
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora. Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade? Cal é a conclusión final da protagonista? Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario