14 de xan. de 2013

As ferreiras no Twiter

Despois de abrir hai unhas poucas semanas un perfil de facebook, agora temos tamén conta no Twiter para divulgar aínda máis as nosas actividades. Aínda estamos dando os primeiros chíos pero agardamos ter máis actividade tan pronto nos comencedes a seguir. Veña, a animarse!
Aproveitamos a ocasión para anunciarvos que está en proceso a tradución ao galego do Twiter. E todos podemos colaborar votando o termo que segundo a nosa opinión mellor se corresponda co orixinal en inglés. Por exemplo máis arriba xa indicamos cal é a proposta que nos parece mellor para o termo Tweet: chío.

Ningún comentario:

Publicar un comentario