16 de xan. de 2013

As Ferreiras no Tuenti

Para completar a presenza do noso _ENDL nas redes sociais, queremos invitarvos a que vos agreguedes á nosa conta de Tuenti.
Tanto a conta do Tuenti como a do Twitter están sendo xestionadas por Beatriz Fernández de 2º de bacharelato. Aquí a podedes ver en plena faena.

Aproveitamos para informarvos de que podedes usar o Tuenti en galego desde hai 3 anos. Por esta razón a empresa recibiu o premio Abertos ao Galego o pasado mes de decembro. Trátase dun premio concedido pola Mesa para a Normalización Lingüística no eido das empresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario