13 de nov de 2012

Como foi a videoconferencia 'Facendo física de partículas polo mundo'


94 centros escolares de toda Galicia conectáronse o pasado martes entre as 12:30 e as 13:30 por medio dunha plataforma da USC.
 5.760 alumnos tiveron a posibilidade de coñecer o traballo que están a desenvolver no CERN a grupo de físicos galegos que están no cumio da investigación mundial. Patricia Conde (Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN), Olalla Castro (Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos), Abraham Gallas (Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN), Carlos Salgado (Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo) e Cibrán Santamarina (Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN).
Nun principio estaba previsto que o seguimento da videoconferencia se fixera desde dúas das aulas multimedia xa que a cantidade total de alumnos, 84, non collería nunha das aulas. Ao final, un dos PCs dounos problemas e tivemos que xuntarnos todos nunha aula.
Ésta xa é a terceira experiencia deste tipo que organiza a CGENDL. Nas edicións anteriores do 'Día da Ciencia en Galego' tamén participamos das vídeoconferencias. A do ano 2010  titulábase "Do CERN a Compostela". Na edición do ano pasado o profesor Ángel Carracedo faláranos de "Xenética Forense".

É unha actividade que esperamos volver a compartir o vindeiro ano.




Nenhum comentário:

Postar um comentário