12 de nov de 2012

Como foi o 'volcán científico'



O pasado luns 5 de novembro celebrouse a III edición do 'Día da Ciencia en Galego', unha xornada para reivindicar o "dereito a gozar da ciencia na nosa lingua".
Todos sabemos que o acceso a recursos de divulgación científica en galego é moi complicado, por non dicir imposible. Así que, aproveitando que os compañeiros do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis fixeron un enorme traballo subtitulando un vídeo de excelente calidade didáctica e científica, fixemos unha proxección volcánica o día 5 en todas as clases de 1º, 2º e 3º da ESO.
Agradecemos ao alumnado o interese mostrado. Moitos pediron a continuación das proxeccións, pois ese día só chegaron a ver un dos apartados do vídeo.

Aproveitamos esta entrada para invitarvos a relfexionar sobre estas cuestións:
  • Fai memeoria sobre os libros, documentais, artigos de temas científicos que consultaches?
  • cantos deles estaban en galego? cantos en castelán? Intenta explicar por qué esta distribución.
  • Se pensas que é necesario que haxa materiais de divulgación científica en galego, que medidas se deberían tomar?


Nenhum comentário:

Postar um comentário