24 de out de 2012

Volcán científico

No noso centro imos celebrar o III Día da Ciencia en Galego coa emisión volcánica dun documental de gran calidade subtitulado en galego grazas ao labor do realizado polo IES Aquis Celenis de Caldas. Eles mesmos realizaron esta actividade hai dous anos con grande éxito.
Con este acto queremos poñer de manifesto o complicado que é acceder a traballos de divulgación científica en galego. Nós poderemos facelo nesta ocasión, non porque conseguíramos un mínimo estatus de normalización da lingua galega na sociedade, senón polo traballo desinteresado duns compañeiros.
En segundo lugar, gostaríanos que vos interesárades polos temas que se desenvolven no documental e que continuedes profundizando no coñecemento do mundo que nos rodea.
As proxeccións desenvolverase o vindeiro luns 5 de novembro tal e como se indica no seguinte horario:
 
1ºA a 6ª hora. Profesora: Fe
1ºB a 2ª hora Profesora: Fe
2ºA: a 3ª hora.Profesora: Mónica Souto
2ºB: a 3ª hora. Profesora: Maru
3ºA a 2ª hora . Profesor: Bernardo
3ºB a 3ª hora. Profesor: Xosé Rodríguez

Serán 6 horas de ciencia en galego.  Algúns  privilexiados xa viron parte do documental. Preguntádelle se lles gustou!

4 comentários:

  1. Pode ser interesante ver este documental e ademais podelo disfrutar na nosa lingua.

    ResponderExcluir
  2. esta moi ben poder ver un documental , sobre volcans , e moi intresante e se poden aprender moitas cousas

    ResponderExcluir
  3. imteresante e educativo,para sair algo da rutina :)

    ResponderExcluir
  4. O documental era moi interesante. Foi unha lástimas non poder acabar de velo. Falaba de cousas moi curiosas que gustan bastante. :)

    ResponderExcluir