8 de out de 2012

Criadas e señoras



Criadas e señoras (The help, en inglés ou As serviçais en portugués) de Kathryn stockett
Esta novela está situada na cidade de Jackson, Mississippi, no ano 1962. A través de tres mulleres moi diferentes coñecemos como era a sociedade daquela época e especialmente, a relación entre as persoas brancas e as de cor. Estas últimas eran humilladas e carecían de dereitos fundamentais. Aibeleen e Minny son dúas mulleres de cor que traballan como criadas. A primeira vive soa, xa que lle morreu o fillo, e encántalle coidar os rapaces que hai nas casas nas que traballa. É unha persoa moi educada e xenerosa, que sempre intenta axudar a quen o precisa. Minny é unha muller forte, que ten unha familia que alimentar e un marido que a maltrata. Non lle gustan os brancos e intenta manter unha relación estrictamente laboral con eles. E por último, Skeeter é unha señorita branca dunha boa familia pero diferente ao resto de mozas da súa idade: o seu obxectivo non é buscar un marido rico; ela quere ser escritora.
Estas tres mulleres iniciaran un proxecto común que nos manterá en tensión durante todo o libro. Capítulo a capítulo, a trama medrará e a túa curiosidade tamén. Cando comeces a ler,  non queres parar. 

por Luis Maceira Cid (2º Bacharelato A)

Nenhum comentário:

Postar um comentário