17 de out de 2012

Só o 3% de ensino infantil en galego nas cidades

Segundo informa o dixital Praza, a Mesa pola Normalización lingüística presentou un estudo despois de preguntar en 282 centros educativos -públicos, privados e concertados- polo idioma empregado neste nivel educativo e o resultado, resume o seu presidente, Carlos Callón, é dun verdadeiro "varrido" da lingua propia de Galicia. Non en van, e malia ás preferencias das familias do alumnado, o galego está ausente por completo no 95,04% dos centros. Segundo "declaran" os centros consultados, a suma daqueles que empregan total ou parcialmente o galego no ensino de nenos e nenas de 3 a 6 anos non supón máis que un 4,96% do total, isto é, 14 colexios en todo o país. Nestes inclúense os 9 que din impartir todas as aulas de infantil en galego -o 3,19%- e os tres que "indican que teñen dúas liñas", unha para o galego e outra para o castelán. Estas cifras, explica Callón, supoñen que a actual situación non é "de bilingüismo, de trilingüismo nin de farrapos de gaita", senón dunha "exclusión" da lingua propia que, asegura, non ten parangón en ningunha outra autonomía con máis dun idioma.
A nota de prensa cos resultados do informe da Mesa pódese consultar aquí. E o esencial do informe aparece representado neste gráfico, relativo ao uso das linguas no ensino infantil nas cidades galegas.


Um comentário:

  1. sei dun colexio na miña vila donde aos rapaces dende moi pequenos se lles fala en castelan. non entendo o motivo, porque se esta perdendo a nosa lingua

    ResponderExcluir