No marco do Día da Ciencia en galego o profesor
Cibrán Santamarina, galegofalante, investigador da USC e colaborador no experimento que atopou bosón de Higgs no CERN virá o mércores 12 a dar unha charla ao noso centro. Todo un privilexio!
Participou no que quizais é un dos principais descubrimentos científicos dos últimos 30 anos e que abre portas a un coñecemento máis profundo da natureza e virá explicarnolo: "Pescudando na orixes da materia, o bosón de Higgs no CERN"
Santamarina foi un dos autores do
manifesto que no ano 2009 que, estando traballando no Centro Europeo de Investigación Nuclear (
CERN), se indignaron coas pretensións e excluir o galego do ensino das ciencias. O que reclamaban os nove asinantes do manifesto era:
reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa
Non sobra insistir en que hoxe o ensino das ciencias en galego está prohibido polo decreto 79/2010, chamado cínicamente, do plurilingüismo.