29 de xan. de 2012

"O peor é afalta de apoio por parte da Administración", di Valentina Formoso

O curso pasado o orzamento para os proxectos de normallización dos centros públicos foi de 800.000 €. Vén de facerse pública a convocatoria deste ano que, ademais de facerse tan tarde que vai ser imposible programar as actividades dos ENDL sabendo de que presuposto dispoñen, redúcese a cantidade asignada a 250.000 €, un 68,7% menos.
Valentina Formoso, presidenta da CGENDL: "o recorte é bestial e vai supoñer a perda de moitas actividades formativas e extraescolares". Engade que " hai crise, é certo, pero tamén hai prioridades, e parecen claras. De todas formas, o diñeiro non o é todo. Xa temos experiencia, sabemos o que é traballar en precario. O peor é a falta de apoio por parte da Administración. Estorbámoslle a determinada xente"

Vía El País




Encontro da CGENDL co novo Secretario Xeral de Política Lingüística

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) trasladoulle a Valentín García, o novo Secretario Xeral de Política Lingüística, estas propostas nunha reunión que mantiveron con el o pasado luns 23 de xaneiro.
A valoración da CGENDL do encontro foi a seguinte:

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística preséntalle as súas propostas ao novo Secretario Xeral de Política Lingüística
Na tarde de onte, luns 23 de xaneiro, na sede de San Caetano, membros do Consello Directivo da CGENDL foron recibidos por Valentín García, en calidade de novo Secretario Xeral de Política Lingüística.
Nun clima de diálogo franco e cordial, a CGENDL expúxolle a Valentín García a necesidade urxente de mudar a política levada até o momento polo seu departamento para que se comecen a executar políticas de normalización lingüística realmente efectivas. No documento anexo inclúense as propostas e demandas dos ENDL presentadas e explicadas ao novo Secretario Xeral, que se comprometeu a estudalas coa maior atención, aínda recoñecendo a dificultade de aplicalas no seu conxunto.
Pola súa parte, Valentín García mostrou a súa vontade de diálogo permanente coa Coordinadora, así como o seu apoio ao proceso de normalización da nosa lingua. No apartado de compromisos concretos, afirmou que pretendía intensificar o labor dos coordinadores provinciais da administración no asesoramento aos Equipos e que desexaba ter en conta as súas propostas no deseño de xornadas de formación ou nos criterios para a convocatoria de axudas.
Polo demais, Valentín García anuncioulle á CGENDL que a convocatoria de axudas ao fomento do galego nos centros escolares deste curso farase pública nos próximos días e que durante o mes de febreiro se pagaría o adebedado do ano 2011. Desde a CGENDL críticouse a tardanza tanto nos pagos pendentes como na convocatoria de novas axudas, xa que provocaron unha paralización da actividade dos Equipos, e esixiuse que a partir do vindeiro curso se volvan convocar as subvencións en setembro, para así poder planificar ben o traballo normalizador e desenvolvelo dun xeito eficaz durante todo o curso.
Por último, e máis alá das propostas concretas, reclamouse por parte da administración educativa un maior compromiso coa defensa e promoción do labor dos Equipos de Normalización, para que estes perciban no día a día un apoio institucional que sirva de reforzo positivo da súa acción social a favor da lingua propia de Galicia.

22 de xan. de 2012

Ai si me opero

Xa coñecedes a canción. Xa coñecedes o baile. Agora, nova versión.
Dun novo programa de humor da TVG: Tourilandia


20 de xan. de 2012

Entrevista a Paula Gamallo: 'A animadora do galego'

Esta é a entrevista que lle fixeron a Paula Gamallo no Faro de Vigo o 17/01/2011 despois de que se espallara pola rede o seu vídeo 'Anímate a participar'
Entrevista a Paula Gamallo

19 de xan. de 2012

Circo do Sol

O pasado mes de decembro tiven a magnífica oportunidade de ver o “Cirque du Soleil” en acción, un estupendo espectáculo cheo de sorpresas que ninguén debería perder de ver se ten a oportunidade.
Falamos de maxia, de ilusións transportadas ó escenario, de movementos que fan que teñas a pel de galiña e de moito traballo e esforzo que se demostra á hora na que comeza ese show, algo inolvidable e indescriptible.
Cando te sentas alí sabes que iso non vai defraudar, de súpeto entra unha banda cun home diante que a leva por entre o público, a xente desfruta e o sorriso é constante entre o público. Cando acaba iso xa comezan a cantar, a entrar contorsionistas, paiasos, equilibristas, trapecistas, equilibristas, homes que xogan con lume coma se de aire se tratara. Aquello é un sin parar, todos os personaxes corren dun lado para outro para que todo saia perfecto, e iso é o que ocorre, a perfección aparece reflexada nun traballo que parece sobre humano, que está por fora das capacidades de todo o que está alí, pero non , esta é unha maneira de demostrarnos que con esforzo todo se consigue e que os soños fanse realidade.
Cando remata todo o público aplaude tanto que parece non dan demostrado o agradecidos que están de ver semexante cousa, e posiblemente teñan razón, nin todos os aplausos do mundo poderán expresar o que se sinte vendo tal cousa.
Ánxela Llinares Taboada, 4º A

16 de xan. de 2012

Anímate a participar

Paula Gamallo tróuxonos este vídeo o venres pasado. Fixérao por iniciativa propia, o cal lle engade máis mérito. Isto que temos aquí era só unha proba pois Pedro Gil estaba a editalo pero resulta que alguén o atopou en internet e comenzou a divulgarse. Así que aproveitamos a ocasión para iso, animarvos a participar: que vos parece o vídeo?, e a falta de medios en galego?, e a información sobre o caso do libro censurado polo Valedor do Pobo?.  Escibide os vosos comentarios.
Paula escribiu un guión, buscou varios amigos por Silleda e polo instituto dispostos a colaborar e, aquí está o resultado:

Praza Pública

O pasado venres en Lalín presentouse o proxecto para un diario dixital en galego; Praza Pública.
Antes xa se dera a coñecer en internet, mediante esta vistosa presentación. A iniciativa parece moi atractiva, sobre todo nestes momentos, nos que despois de pechar A Nosa Terra, o  Xornal e Galicia Hoxe, non queda ningún diario en galego que se publique en papel. Outros medios dixitais en galego tamén desapareceron nos últimos tempos: as versións dixitais deses mesmos xornais ou Vieiros.
Hoxe é prácticamente imposible manterse informado a través de medios en galego. Preguntámonos que é o que fan as institucións que, segundo unha das leis máis importantes de Galicia, deberían promovelos con especial interese. Unha pena, non?